Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

[Mazando o liño]
1932
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 304 x 340 mm. Papel. Bo.
0
Trátase dunha copia ampliada da fotografía orixinal, que é propiedade da familia de José Suárez, xestionada polo seu sobriño Xosé Luis Suárez Canal. Foi cedida ao MPG para ser utilizada na Sala do Tecido. Esta fotografía non se atopa baixo dominio público. Contido non dispoñible por dereitos de autor. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución.
Muller madura mazando o liño cunha maza de madeira sobre un mazadoiro de pedra. A muller leva pano da cabeza, unha camisa co corpo de cor clara e as mangas de cor escura, unha saia negra e un mandil a raias; vai descalza. Sostén na súa man dereita unha maza e na esquerda un mangado de liño. Sobre o mazadoiro, máis liño para mazar e outra maza. Doutro lado, unha nena pequena observa á muller.
CFX/Foto-26//17
Mostrar nivel inferior