Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.97 - Manuel Beiras García
03.06.98.02 - Fotografías de indumentaria e outras
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.98.02.//MBG/Foto-30//06


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

MBG/Foto-30//06

1.2. Título

[Retrato de Manuel Quiroga de neno]

1.3. Datas

1901-12-20 . Santiago de Compostela

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) salón ou imperial : Positivo en branco e negro ; 222 x 163 mm., sobre cartón de 251 x 171 mm Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Zagala Pérez, Francisco, 1842-1908, Fotógrafo . (Pontevedra )

Saenz Corona, Angel, Litógrafo Madrid

2.2 Historia Institucional/Biografía

Francisco Zagala desenvolveu a maior parte da súa vida profesional en Pontevedra, onde se instala a mediados de 1879, na rúa da Oliva. Ao pouco tempo, trasládase ao nº 26 da rúa da Peregrina e posteriormente ao nº 11 da praza da Constitución. A súa produción fotográfica incluía tanto a realización de retratos de estudio como a fotografía ao aire libre, sendo o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra.
Manuel Quiroga Losada (Pontevedra, 1892-1961) violinista galego, actividade na que alcanzou gran renome internacional no seu tempo, sendo considerado xunto con Pablo Sarasate, Fernando Palatín e Juan Manén, un dos máis grandes violinistas españois da historia.

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Herdeiros de Manuel Beiras García
Data do ingreso
2005

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato dun neno de pelo curto vestido con camisa branca, gravata de lazo da mesma cor, pantalóns bombachos, medias e zapatos. Está sentado nun tronco apoiando o seu brazo esquerdo nunha barandilla feita de pólas de madeira sen traballar, e sostendo con esa man o violín; na man dereita leva o arco. Detrás, un pano de fondo apenas visible.

Mención de responsabilidade, no anverso do soporte secundario: `F. Zagala - Pontevedra`
Mención de responsabilidade, no reverso do soporte secundario: `Fotografía Madrileña / F. Zagala / Plaza de la COnstitución / 11 / Pontevedra / Ampliaciones de todos tamaños / Vistas reproducciones etc.
Mención de responsabilidade do cartón, no reverso do soporte secundario: `A. Saenz Corona - Madrid`
Nota manuscrita no reverso: `Al Sr. Presidente y dignisimos compañeros de la junta del Círculo Mercantil de Santiago. Recuerdo de Manolito Quiroga. Santiago - 20- de Diciembre - 1901`

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Quiroga Losada, Manuel, 1892-1961

Pontevedra

Música
Fotografías

Saenz Corona, Angel, Litógrafo Madrid

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Pontevedra

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000198MBG/Foto-30//06Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible