Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.06 - Darío Acuña Lagos
01.08.06.01 - Documentos persoais
01.08.06.01.04 - Fotografías
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./01.08.06.01.//FamAC/Foto-19


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FamAC/Foto-19

1.2. Título

[Fotografías]

1.3. Datas

1941 / 1968

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Darío Acuña Lagos naceu en Vigo no ano 1915. Durante os seus estudos de Medicina estallou a Guerra Civil e alistouse no bando nacional como piloto de caza, formando parte da Escadra Morato. Ao remate da contenda voltou á Universidade de Santiago e licenciouse en Medicina, especialidade de Psiquiatría no ano 1941. Gran parte da súa vida laboral como médico a desenvolve en Venezuela (1955-1970), onde tamén realiza programas radiofónicos relacionados coa saúde mental, e publica artigos en numerosas revistas especializadas. Unha escola de Psicopedagoxía que el fundou e dirixiu e un instituto dun complexo de educación especial daquel país levan o seu nome.
No ámbito persoal, casou con Ana María Castroviejo Blanco-Cicerón, filla de Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Cicerón, García, filla de Ricardo Blanco-Cicerón e Herminia García de la Riva. Foron pais de Carlos, Fernando, Margarita, Ana María, Rosina y Darío.
Faleceu no ano 2007

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Inclúe diversas fotografías persoais de Darío Acuña Lagos, ou da súas actividades

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Castelán

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1933 (1) 1935 (4) 1936 (5) 1937 (5) 1938 (4) 1939 (1)
FamAC/Foto-19//52 [Fotografía de carné de Darío Acuña Lagos]

FamAC/Foto-19//53 [Darío Acuña Lagos aviador de escuadra]

FamAC/Foto-19//54 [Darío Acuña Lagos e o seu avión de combate]

FamAC/Foto-19//55 [Darío Acuña Lagos e outro co seu avión de combate]

FamAC/Foto-19//56 [Retrato grupal]

FamAC/Foto-19//57 Retrato de Dario Acuña Lagos

FamAC/Foto-19//58 [Avión de caza]

FamAC/Foto-19//59 [Retrato grupal na trincheira]

FamAC/Foto-19//60 [Retrato grupal ante un avión de combate]

FamAC/Foto-19//61 [Retrato grupal]

FamAC/Foto-19//62 [Avión de caza `Rata`]

FamAC/Foto-19//63 [Retrato grupal]

FamAC/Foto-19//64 [Retrato grupal]

FamAC/Foto-19//65 [Retrato grupal]

FamAC/Foto-19//66 [Retrato grupal]

FamAC/Foto-19//67 [Retrato de grupo]

FamAC/Foto-19//68 [Retrato grupal `Club Marítimo`]

FamAC/Foto-19//69 [Retrato do equipo do Club Marítimo de Vigo]

FamAC/Foto-19//70 Retrato de Darío Acuña Lagos

FamAC/Foto-19//71 [Retrato grupal con avión de combate]

FamAC/Foto-22//014 [Retrato grupal do equipo de 5 x 50 relevos do Club Marítimo de Vigo]

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0005028FamAC/Foto-19Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible