Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-18//36


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FSC/Foto-18//36

1.2. Título

[Retrato feminino]

1.3. Datas

/ 1875

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 54 mm. sobre cartón de 93 x 63 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Fotografía y Pintura Bocconi y Buch, Fotógrafos. (Vigo) Bocconi Camirani, Patricio (1835-1878) Buch y Buet, Ramón (1842-1894)

2.2 Historia Institucional/Biografía

Ramón Buch comezou a súa actividade como fotógrafo en 1866 na cidade de Vigo, trasladándose despois a varias localidades galegas: en 1878 traballa en Santiago de Compostela; en 1880 en Pontevedra; en 1885 na Coruña e en 1887 en Ferrol. Durante a súa traxectoria profesional traballou con varios socios, tanto co seu irmán Juan como con Juan Rodríguez e Patricio Bocconi.
Patricio Bocconi foi un fotógrafo italiano que, despois de percorrer distintas cidades españolas, chegou a Ourense na década de 1870, onde instala o seu gabinete fotográfico no nº 10 da rúa San Domingos. Desde o ano 1873 traballa con certa frecuencia en Vigo e Pontevedra, onde abre establecementos fotográficos. En 1878 abandona Vigo e trasládase a Pontevedra, onde falece. A súa esposa María Rodríguez, coa axuda dun dos seus fillos, fíxose cargo do gabinete fotográfico de Pontevedra.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Familia Santos Castroviejo
2021

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato de perfil á dereita dunha muller de medio corpo, sentada nunha cadeira. Leva o pelo recollido na parte alta da cabeza, cuberto cunha mantela de blonda que case sobre o ombreiro. Leva unha camisa branca cun colo adornado cunha lazada que destaca sobre un corpo dun traxe escuro con adornos nos puños das mangas.

No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Fotografía y Pintura / Bocconi y Buch / Vigo`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

6. Área de notas

6.1 Nota xeral

As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Indumentaria - moda internacional
Fotografías

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0001835FSC/Foto-18//36Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible