Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato de pai e filla]
/ 1877
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 55 mm. sobre cartón de 94 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Fotografía y Pintura / Bocconi y Buch / Vigo`
Retrato dun home sentado cunha nena de curta idade sentada no colo. O home leva pelo curto, barba e bigote; viste camisa branca e chaqueta escura. A nena leva unha especie de cofia branca e camisa da mesma cor; sobre a camisa un dengue e na cintura un mantelo con agremán bordado.
FSC/Foto-18//37
Mostrar nivel inferior