Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato infantil]
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 82 x 55 mm. sobre cartón de 95 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Nota manuscrita no reverso: `26 meses y 9 días`
Retrato dunha nena de dous anos, de corpo enteiro inscrito nun óvalo. Leva o pelo curto e viste cun vestido curto de cor negra adornado nos laterais con falsos botóns esféricos e ovais. A manga é curta e calza zapatos con polainas. Leva pulseiras, pendentes, unha medalla pendurada do colo e outra de broche sobre o peito. A man esquerda vai apoiada nun coche de bebés feito de vimbio. Detrás dos pés da nena vese a base dun repousacabezas.
FSC/Foto-18//76
Mostrar nivel inferior