1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 133 x 97 mm Papel. Regular.
0
Retrato dunha parella, co home sentado nunha cadeira torneada e a muller de pé ao seu carón coa man sobre o ombreiro del. Van vestidos cos traxes da voda: o home con traxe escuro, camisa e gravata de lazo brancas e unhas luvas brancas na man. A muller vai vestida de branco, cun traxe curto, un pouco máis arriba dos nocellos e con zapatos de tacón alto. Leva un veo branco suxeito cunha coroa de azar. Nas mans sostén un ramo. Detrás, un pano de fondo co interior dunha estancia, cunha ventá á dereita.