Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato de grupo]
1890 / 1900
1 fotografía(s). Cabinet : Positivo en branco e negro ; 118 x 85 mm. sobre cartón de 175 x 115 mm Papel. Bo.
0
Retrato de catro mulleres nun xardín, dúas delas vestidas ao estilo da Belle Epóque. Á esquerda hai unha muller sentada, vestida con saia escura e chambra a raias. Xunto a ela, e poñendo a man sobre o seu ombreiro, hai outra muller vestida con chambra floreada e saia escura; na súa man esquerda leva unha antuca ou parasol. Detrás delas hai outras dúas mulleres, unha maior e a outra unha moza, que deben de ser do servizo doméstico, ambas vestidas de branco. A de máis idade está de pé sostendo un paxaro nas mans; a moza ten un xeonllo no chan e na man dereita leva un prato copo de arxila.
FSC/Foto-28//26
Mostrar nivel inferior