1 fotografía(s). Cabinet : Positivo en branco e negro ; 135 x 103 mm. sobre cartón de 140 x 110 mm Papel. Bo. Recortada no lado inferior.
0
Nota manuscrita a tinta no reverso: `Pontevedra / Dedicado a mi querida`
Retrato dunha moza vestida de galega con cofia, dengue con rodo de veludo sobre camisa branca e mantelo con veludo e varias tiras de agremán. Baixo o mantelo vese a parte inferior dunha saia de moda internacional. Na man dereita leva unha vara e na esquerda suxeita a corda dunha xugada de vacas con xugo de canga. Ao fondo, un muro de perpiaño.