Carta de Apolinar García a Ricardo Blanco-Cicerón enviando unha póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial`
1897-09-11
1 folla(s) ; 27 x 21 cm. Papel. Bo.
Membrete `Apolinar García y Cía`.
O remitente envía a Ricardo Blanco-Cicerón a póliza de seguros contra incendios con `La Unión Comercial` para as obras da Casa da Senra. Tamén menciona as condicions dunha póliza para o Manicomio; sen dúbida refírese ao de Conxo que está en obras neses momentos e do que a Sociedade `Viuda de Simeón García e Hijos` é benefactora.