Amando Castroviejo Nobajas naceu en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finou en Santiago de Compostela no ano 1934. Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Dende 1907, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Precisamente é nese ano cando casa con Concha Blanco Cicerón, ca que tivo 4 fillos: Xosé María, Concha, Pilar e Ana María, quen a súa vez casou con Darío Acuña Lagos.
Home de profundas conviccións relixiosas, estas se reflicten na súa faceta política, foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas
2.3. Historia Archivística
Os fondos ingresaron ao longo do ano 2012 no Museo do Pobo Galego traídos polo patrón Fernando Acuña Castroviejo, bisneto de Ricardo Blanco-Cicerón. Tralo pasamento de Fernando Acuña no 2016 ingresa outra parte do fondo, cesión de Rosina e Margarita Acuña Castroviejo. Toda esta documentación chegou cunha mínima organización, en carpetas e en moitos casos mesturada coa propia do profesor Acuña. O estado de conservación é bastante bo en xeral, aínda así por protocolo do museo, procedeuse a unha desinsectación e limpeza dos fondos.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso Doazón Fonte do ingreso Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo Data do ingreso 2012 e 2016
3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido
Correspondencia emitida e/ou recibida por Amando Castroviejo Nobajas
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está previsto
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
3.4. Organización
Para organizar o fondo empregóuse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo do Museo do Pobo Galego para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra `Manual de archivos familiares` (1995), atendendo as particularidades propias do fondo. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 01.07.01 Documentos persoais. 01.07.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.01.02 Correspondencia. 01.07.01.03 Tarxetas de visita. 01.07.01.04 Invitacións a actos. 01.07.01.05 Fotografías. 01.07.01.06 Veladas literarias. 01.07.01.06 Creación artística e apuntamentos 01.07.02 Documentos patrimoniais. 01.07.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.02.01.01 Patrimonio 01.07.02.01.01.01 Escrituras. 01.07.02.01.01.02 Casa da Senra. 01.07.02.01.01.03 Recibos. 01.07.02.01.01.04 Expedientes de testamentaría. 01.07.02.01.02 Administración de bens. 01.07.02.01.02.01 Escrituras. 01.07.02.01.02.02 Pagos. 01.07.02.01.02.03 Asuntos comerciais. 01.07.02.01.02.04 Preitos. 01.07.02.01.03 Herdanzas, testamentos. 01.07.03 Documentos de función. 01.07.03.01 Alcaldía de Tui. 01.07.03.02 Avogacía.01.07.03.03 Sociedade Simeón García. 01.07.04 Documentos de función privada. 01.07.04.01 Confraría de San Roque. 01.07.04.01.01 Goberno. 01.07.04.01.02 Administración xeral. 01.07.04.01.03 Facenda. 01.07.04.01.04 Varia. 01.07.04.02 Confraría do Rosario. 01.07.04.02.01 Goberno. 01.07.04.02.02 Administración xeral. 01.07.04.02.03 Facenda. 01.07.04.02.04 Varia. 01.07.04.03 Confraría da Angustia. 01.07.04.03.01 Facenda. 01.07.04.03.02 Soltos. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.01 Exposición Regional de 1909-Sección Arqueoloxía. 01.07.05.01.01 Organización da Exposición. 01.07.05.01.02 Correspondencia do Comité. 01.07.05.01.03 Edificio San Clemente-Sección Arqueolóxica. 01.07.05.01.04 Documentacións sobre actividades complementarias. 01.07.05 Documentos alleos. 01.07.05.02 Documentación familiar. 01.07.05.02.01 Herminia García de la Riva Blanco. 01.07.05.02.01.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.01.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.02 María Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.03 Concha Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.04 Carmen Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.05 Tomás Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.06 Mercedes Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.07 Simeón Blanco-Cicerón García. 01.07.05.02.08 José Bargiela González. 01.07.05.02.09 Tomás Bargiela Núñez. 01.07.05.02.10 Candelaria Bargiela Núñez. 01.07.05.02.11 Juan Vidal Bilbao. 01.07.05.02.12 Juan Ortega Blanco. 01.07.05.02.13 Amando Castroviejo Nobajas. 01.07.05.02.13.01 Documentos persoais. 01.07.05.02.13.01.01 Títulos, honras e premios. 01.07.05.02.13.01.02 Documentos identificativos. 01.07.05.02.13.01.03. Estudos e formación académica. 01.07.05.02.13.01.04. Vida social. 01.07.05.02.13.01.05. Correspondencia. 01.07.05.02.13.01.06 Fotografías. 01.07.05.02.13.02 Documentos patrimoniais. 01.07.05.02.13.02.01 Xestión patrimonial. 01.07.05.02.13.02.02 Herdanzas e testamentos. 01.07.05.02.13.03 Documentos de función. 01.07.05.02.13.03.01 Actividade laboral. 01.07.05.02.13.03.02 Actividade intelectual. 01.07.05.02.13.04 Documentos alleos. 01.07.05.02.13.03.05 Miscelánea. 01.07.05.02.13.05.01 Notas. 01.07.05.02.13.05.02 Impresos e folletos. 01.07.05.02.14 Ana Núñez. 01.07.05.03 Correspondencia allea. 01.07.05.04 Apuntamentos, notas e traballos alleos. 01.07.06 Coleccións facticias. 01.07.06.01. Colección de documentos textuais. 01.07.06.01.01 Expedientes de compravenda. 01.07.06.01.02 Expedientes de administración de bens. 01.07.06.01.03 Foros. 01.07.06.01.04 Escrituras de poder. 01.07.06.01.05 Expedientes de arrendamentos. 01.07.06.01.06 Preitos. 01.07.06.01.07 Sentenzas. 01.07.06.01.08 Cartas de pago. 01.07.06.01.09 Dotes. 01.07.06.01.10 Testamentos e partillas. 01.07.06.01.11 Miscelánea. 01.07.06.02 Coleccionismo. 01.07.06.02.01 Arte. 01.07.06.02.02 Numismática. 01.07.06.03 Impresos e folletos. 01.07.06.04 Carlismo. 01.07.06.05 Postais, estampas e recordatorios.
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán. Latín. Francés.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
4.5. Instrumentos de descrición
Instrumentos de descriciónBase de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018
7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
RBC/Caixa164-001 Carta do Cardeal Vannutelli a Amando Castroviejo dandolle permiso para ler libros prohibidos por razóns de estudo
RBC/Caixa164-002 Carta de Ignacio Castroviejo a súa familia tras entrar na Compañía de Xesús
RBC/Caixa164-003 Carta de Ignacio Castroviejo a Amando Castroviejo con consejos espirituais
RBC/Caixa164-004 Carta do Colexio-Seminario de Teólogos e Xuristas de Granada a Amando Castroviejo sobre unhas conferencias
RBC/Caixa164-005 Carta do Liceo Artístico y Literario de Granada a Amando Castroviejo invitándoo a dar unha conferencia
RBC/Caixa164-006 Carta do Xefe do Museo Provincial de Antigüedades de Sevilla a Amando Castroviejo agradecendo unha doazón
RBC/Caixa164-007 Carta de Antonio Flores de Lemus a Amando Castroviejo sobre varios asuntos
RBC/Caixa164-008 Carta de Antonio Flores de Lemus a Amando Castroviejo sobre política e economía
RBC/Caixa164-009 Carta de Manuel Gómez Moreno a Amando Castroviejo con parabéns polas cátedras
RBC/Caixa164-010 Carta de Manuel Vivero García a Amando Castroviejo sobre o camiño de Cangas e unhas sementes
RBC/Caixa164-011 Carta de Severino Aznar a Amando Castroviejo sobre a publicación dun libro con Saturnino Calleja
RBC/Caixa164-012 Carta de Severino Aznar a Amando Castroviejo sobre as probas de imprenta dun libro con Saturnino Calleja
RBC/Caixa164-013 Carta do director do Diario de Galicia a Amando Castroviejo acerca dunha repartidora de prensa
RBC/Caixa164-014 Carta de Felipe Miguel a Amando Castroviejo sobre Santiago Nobajas Calvo
RBC/Caixa164-015 Carta de Severino Aznar a Amando Castroviejo sobre a constitución da formación Democracia cristiana
RBC/Caixa164-016 Carta de Manuel de Sas ao seu fillo para que lle faga chegar unha información a Amando Castroviejo sobre unhas terras en Ourense, cada cal coas súas características.
RBC/Caixa164-017 Nota da cociñeira do P. Zacarías a Amando Castroviejo sobre as setas
RBC/Caixa164-018 Carta de Manuel Barreiro Camiña a Amando Castroviejo sobre pesca
RBC/Caixa164-019 Carta de Luciano Fernández a Amando Castroviejo con notas a un libro sobre economía agraria que está a publicar
RBC/Caixa164-020 Carta da Sociedad para el Progreso de la Legislación Social a Amando Castroviejo para darse a coñecer e colaborar
RBC/Caixa164-021 Carta de Ignacio Castroviejo a Amando Castroviejo sobre Lima e a familia
RBC/Caixa164-022 Postal da Librairie Jacques Lechevalier a Amando Castroviejo sobre a súa conta e outros libros
RBC/Caixa164-023 Carta de Benjamín González Fidalgo a Amando Castroviejo felicitándoo polo éxito das súas conferencias
RBC/Caixa164-024 Carta de Ramón Castroviejo Nobajas a Amando Castroviejo felicitándoo polo éxito das súas conferencias
RBC/Caixa164-025 Carta de Adolfo Llovo a Amando Castroviejo para confirmar unha conferencia no Círculo Artístico y Mercantil de Vilagarcía
RBC/Caixa164-026 Carta dun antigo alumno a Amando Castroviejo sobre uns libros e unha viaxe en Italia
RBC/Caixa164-027 Carta de Pascual Galindo a Amando Castroviejo sobre a recaudación de cartos para a Biblioteca do Arcebispo
RBC/Caixa164-028 Tarxeta de Francisco Moragas Barret a Amando Castroviejo sobre a Homenaxe á Vellez na Exposición de Barcelona de 1929
RBC/Caixa164-029 Carta de Pedro Sangro y Ros de Olano a Amando Castroviejo para unha colaboración cunha publicación de Nova Iorque
RBC/Caixa164-030 Carta de Rafael González Vidal a Amando Castroviejo sobre unha consulta no Concello de Cangas
RBC/Caixa164-031 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre as tarefas agrarias a desenvolver nas propiedades
RBC/Caixa164-032 Carta de R. Espejo de Hinojosa a Amando Castroviejo para comunicarlle que acaba de saír o seu libro
RBC/Caixa164-033 [A Junta do Quincuagésimo aniversario de la definición dogmática de la Inmaculada Concepción convoca a Amando Castroviejo Nobajas a una xunta xeral]
RBC/Caixa164-034 Carta de José M. Rivera a Amando Castroviejo sobre un incidente sucedido nunha cea do Padroado
RBC/Caixa164-035 Carta de Julio Buide a Amando Castroviejo sobre a publicación en prensa do anuncio da subasta dun camiño vecinal de Cangas
RBC/Caixa164-036 Carta de Tomás Blanco-Cicerón a Amando Castroviejo sobre vendas da herdanza de Ricardo Blanco-Cicerón
RBC/Caixa164-037 Carta de Ramón Castroviejo Nobajas a Amando Castroviejo interesado polo seu estado de saúde
RBC/Caixa164-038 Carta de Ramón Castroviejo Nobajas a Amando Castroviejo sobre o tratamento médico que lle están dando
RBC/Caixa164-039 Carta de Ramón Castroviejo Nobajas a Amando Castroviejo sobre a saúde de este e Sorzano
RBC/Caixa164-040 Carta de Rafael G. a Amando Castroviejo sobre un empregado de Correos
RBC/Caixa164-041 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre Ramón Portela e tarefas na Retirosa
RBC/Caixa164-042 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre sementar e traballos de cantería na Retirosa
RBC/Caixa164-043 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre unhas árbores e plantas para a Retirosa
RBC/Caixa164-044 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre arranxos na finca da Retirosa
RBC/Caixa164-045 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os varios arranxos realizados na finca da Retirosa
RBC/Caixa164-046 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os varios arranxos de cantería na finca da Retirosa
RBC/Caixa164-047 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os traballos na finca da Retirosa
RBC/Caixa164-048 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os traballos de albanelería na finca da Retirosa
RBC/Caixa164-049 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre cuestións menores da Retirosa
RBC/Caixa164-050 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre unhas plantas para colocar na Retirosa
RBC/Caixa164-051 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre as plantas da Retirosa
RBC/Caixa164-052 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre unhas plantas da Retirosa, unhas distancias e a sementeira
RBC/Caixa164-053 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre a escritura dunha finca
RBC/Caixa164-054 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre o pago dun traballo de aramado
RBC/Caixa164-055 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre uns pagos e uns froiteiras e flores para a Retirosa
RBC/Caixa164-056 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os pagos a Governa por traballos na Retirosa
RBC/Caixa164-057 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os aramados e os froiteiras na Retirosa
RBC/Caixa164-058 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre o que están a inxertar, plantar e podar na Retirosa
RBC/Caixa164-059 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre unhas dalias para a Retirosa e os aramados
RBC/Caixa164-060 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre o remate dos traballos de aramado na Retirosa
RBC/Caixa164-061 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre o pago dos traballos de aramado na Retirosa a Governa
RBC/Caixa164-062 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre as froiteiras da Retirosa
RBC/Caixa164-063 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre a administración da Retirosa
RBC/Caixa164-064 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre un robo na Retirosa
RBC/Caixa164-065 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os trasplantes das froiteiras na Retirosa
RBC/Caixa164-066 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre as árbores da Retirosa
RBC/Caixa164-067 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre árbores e cepas na Retirosa
RBC/Caixa164-068 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo sobre os inxertos das froiteiras na Retirosa
RBC/Caixa164-069 Carta de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo interesándose pola súa saúde
RBC/Caixa164-070 Telegrama de Juan R. Lanzós a Amando Castroviejo para que asista a unha conferencia
RBC/Caixa164-071 Telegrama de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo informando da súa dimisión
RBC/Caixa164-072 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo dando conta da súa estancia na casa do catedrático en Curtis
RBC/Caixa164-073 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre un opositor recomendado
RBC/Caixa164-074 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre Constante Amor, recomendado nunha oposición
RBC/Caixa164-075 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre Constante Amor e outros asuntos políticos
RBC/Caixa164-076 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre a súa rutina e amizades de Galicia
RBC/Caixa164-077 Tarxeta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre os seus artigos para `El Debate`
RBC/Caixa164-078 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo enviando unha publicación súa
RBC/Caixa164-079 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre un recomendado nunha oposición
RBC/Caixa164-080 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre unha homenaxe que ía recibir
RBC/Caixa164-081 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre un libro que lle envía e a saúde de Concha Blanco-Cicerón
RBC/Caixa164-082 Tarxeta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre temas de libros e unha instrución aberta a Castroviejo
RBC/Caixa164-083 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo para lle desexar unha boa estancia na casa da Retirosa
RBC/Caixa164-084 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo para recomendar a Vicente Serrano Puente
RBC/Caixa164-085 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre as súas vacacións
RBC/Caixa164-086 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre a saúde de Concha Blanco-Cicerón e as eleccións a senador
RBC/Caixa164-087 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre as eleccións a senador
RBC/Caixa164-088 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo coa súa renuncia a participar nas eleccións ao Senado
RBC/Caixa164-089 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre as vacacións e uns rivais nas eleccións universitarias
RBC/Caixa164-090 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre un discurso inaugural que vai facer
RBC/Caixa164-091 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre unha viaxe a París e amizades comúns
RBC/Caixa164-092 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre unha recomendación para unha praza vacante
RBC/Caixa164-093 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo dada en man por Prudencio Galindo
RBC/Caixa164-094 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre presentarse por terceira vez ás eleccións a senador
RBC/Caixa164-095 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre varias amizades comúns
RBC/Caixa164-096 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo anunciando a súa dimisión nos tribunais de Dereito
RBC/Caixa164-097 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre os avances nas votacións ás eleccións
RBC/Caixa164-098 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre un retrato e o envío dun discurso
RBC/Caixa164-099 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo acusando recibo do envío dun retrato
RBC/Caixa164-100 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre o nomemento como concelleiro deste, entre outros asuntos
RBC/Caixa164-101 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre o apoio na causa dos xardineiros dos botánicos
RBC/Caixa164-102 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre un artigo e unhas conferencias que vai dar
RBC/Caixa164-103 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre unha instancia
RBC/Caixa164-104 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo dando o pésame polo pasamento dunha cuñada
RBC/Caixa164-105 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo propoñéndolle a dirección dun Gabinete de consulta na Bolsa de Madrid
RBC/Caixa164-106 Telegrama de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre a proposta da Junta Sindical
RBC/Caixa164-107 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo agradecendo os parabéns polo seu casamento
RBC/Caixa164-108 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo agradecendo as atencións coa homenaxe que lle van facer
RBC/Caixa164-109 Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo alegrándose de non se ter presentado ás eleccións ao Senado
RBC/Caixa164-110 Carta de José M. Rivera a Amando Castroviejo sobre o trazado co camiño de Cangas
RBC/Caixa164-111 Carta de Alberto Martínez a Amando Castroviejo sobre o camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-112 Carta de Manuel Vivero García a Amando Castroviejo acerca do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-113 Carta de Prudencio Landín a Amando Castroviejo acerca dunha persoa do seu interese.
RBC/Caixa164-114 Carta de José M. Rivera a Amando Castroviejo sobre a conveniencia do trazado do camiño de Cangas pola Retirosa
RBC/Caixa164-115 Carta de Prudencio Landín a Amando Castroviejo sobre asunto do trazado do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-116 Carta de Manuel Vivero García a Amando Castroviejo cos avances no tema do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-117 Carta de José M. Rivera a Amando Castroviejo sobre os avances no tema do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-118 Carta de Manuel Vivero García a Amando Castroviejo sobre o camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-119 Carta de Prudencio Landín a Amando Castroviejo sobre a subasta das obras do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-120 Carta de Manuel Vivero García a Amando Castroviejo acerca do cambio de trazado do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-121 Carta de F. F. Cervera a Amando Castroviejo acerca do trazado do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-122 Carta de Prudencio Landín a Amando Castroviejo sobre o inicio das obras do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-123 Carta de Rafael G. a Amando Castroviejo sobre as obras do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-124 Carta de Prudencio Landín a Amando Castroviejo sobre as posicións respecto as obras do camiño de Cangas a Coiro
RBC/Caixa164-125 Carta de Amando Castroviejo ao Presidente da Diputación de Pontevedra sobre unha subasta do camiño vecinal de Cangas a Coiro
RBC/Caixa179-125 Tarxeta de Isabel a Amando Castroviejo Nobajas e señora agradecendo unha carta anterior
RBC/Caixa179-126 Tarxeta de remitente ilexible a Amando Castroviejo Nobajas
RBC/Caixa179-134 Tarxeta de Herminia García de la Riva a Amando Castroviejo Nobajas sobre a recepción dunha postal
RBC/Caixa179-145 Tarxeta da libraría Francesa a Amando Castroviejo Nobajas
nº Control
Sinatura
Arquivo
Prestar
0001922
01.07.05.02.13.01.05
Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizado