1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 124 x 79 mm. Papel. Regular. Varias enrugas.
0
Mención de responsabilidade no ángulo inferior dereito, cuño seco: `J. Avrillon / Sn. Andres 11. Coruña`
Retrato dunha neneira vestida de branco cun vestido longo e un mandil con peito adornado con puntillas. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza e pendentes longos de dous corpos. Ao seu carón está unha nena de curta idade tamén vestida de branco, cunha gran lazada na cabeza. Está de pé sobre o asento dunha butaca. Ao fondo, unha cortina escura.