1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 90 x 126 mm. Papel. Regular.
0
Retrato de grupo nun piñeiral formado por tres adultos, un home, unha muller nova e outra muller de máis idade, e seis crianzas, un neno e cinco nenas. As persoas adultas van sentadas, o home no chan e as mulleres nalgún asento a diferente altura. As crianzas van todas sentadas no chan, agás a máis pequena que está no colo da muller maior. Ao fondo, unha liña de costa.