Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato infantil]
1880 / 1899
2 fotografía(s) carte-de-visite. : Positivo en branco e negro ; 87 x 52 mm. sobre cartón de 101 x 61 mm. Papel. Regular.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: Manuel Reguera / Fotógrafo / Villagarcia.
Retrato de corpo enteiro dun neno de pelo moi curto, vestido cun mandilón de cor branca e con botas negras, altas ata a metade da perna. Leva o seu brazo dereito apoiado sobre un velador co pé torneado; a perna dereita vai cruzada por diante da esquerda. No lado esquerdo, unha cortina.
RRA/Foto-18//18
Mostrar nivel inferior