1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.28.01.06.//RRA/Foto-28//37
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RRA/Foto-28//37
1.2. Título
[Retrato de familia]
1.3. Datas
1880 / 1900
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 134 x 101 mm. sobre cartón de 167 x 108 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )2.2 Historia Institucional/Biografía
Fotógrafo e intelectual galego que participou na sociedade do seu tempo (foi membro da Sociedade Económica de Amigos do País) e na política municipal de Compostela. Aprendeu o oficio desde moi novo na Coruña co mestre, Luis Sellier. En 1877 abre estudio fotográfico en Santiago, destacando como retratista de gabinete e como fotógrafo comercial inmortalizando, entre outras cousas, os fondos artísticos e documentais do museo da catedral, incluído o Códice Calixtino. Algunhas das súas fotografías foron premiadas en exposicións de carácter internacional, como a Exposición Universal de París, en 1889, ou a de Chicago en 1893. Destaca a súa obra `Compostela monumental` de 1884, un porfolio con vinte catro fotografías da cidade acompañadas dun texto do historiador Bernardo Barreiro; considerada o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia. Colaborou con publicacións da época, como a revista Galicia Moderna, editada en Pontevedra. Posuía o título honorífico de fotógrafo da Real Casa outorgado polo rei Afonso XII e condecorado coa Cruz de Isabel a Católica
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Richard Rivera Armero
Data do ingreso
2020
3.1. Alcance e contido
Retrato dun pai coas súas fillas e fillos. O pai está no centro, sentado nunha cadeira, coas mans apoiadas nos xeonllos. Viste traxe de chaqueta escuro e leva barba e bigote e co pelo moi curto. A ambos lados están as súas fillas, a maior apoiando a man no ombreiro do pai e a pequena colléndolle o brazo. Ambas levan o pelo recollido na parte posterior da cabeza e visten de escuro. A carón de cada irmá, están os dous nenos, de pelo moi curto e vestidos con traxe de chaqueta de cor clara.
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `Manuel Chicharro Rua Nueva 34 Santiago`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña-Santiago de Compostela Fotografías8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000100 | RRA/Foto-28//37 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |