A familia Santos Castroviejo é a formada polos fillos e fillas de Luis Eugenio Santos Sequeiros (1909-2012) e Pilar Castroviejo Blanco-Cicerón (1914-2006). Son polo tanto netos e netas de Amando Castroviejo e Concha Blanco-Ciceron e bisnetos e bisnetas de Ricardo Blanco Cicerón e Herminia García de la Riva.
2.3. Historia Archivística
Foron traídas ao museo por Nanina Santos Castroviejo en nome dos seus irmáns no ano 2021
2.4. Forma do ingreso
Doazón Familia Santos Castroviejo 2021
3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido
Conxunto de fotografías antigas, principalmente retratos, algunhas da propia familia e outras de persoas descoñecidas.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
Camiña Castro, R. e Echave Durán, C. (2003) Ramón Buch y Buet. Fotógrafo y Pintor. En El Museo de Pontevedra, LVII, pp. 361-370
Arquivo Municipal da Coruña (2020) Miradas inalterábeis. A Coruña: Concello
Castelao, C. (2018) As orixes da fotografía en Galicia: estudios composteláns do XIX. Santiago de Compostela: Consorcio. Alvarellos
7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz segundo indicacións de Ana Isabel Mateos Vara no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000