1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 225 x 165 mm. sobre cartón de 340 x 287 mm. Papel.. Bo.
0
0
Data estimada pola celebración da Exposición Regional Gallega de 1909 Soporte secundario con orla en relevo
Mención de responsabilidade no soporte secundario `Avrillon / San Andrés, 11 / Coruña`Título tomado do reverso
Vista xeral da fachada da igrexa de Santa María de Cambre. Seis canzorros sobre a portada de dúas arquivoltas, a pequena remata en columnas xeminadas e a maior, ornada con figuras zoomórficas excepto a central que é humana, termina en columnas simples. No tímpano, un año co cruz e anxos aos lados. Rosetón co círculo central orlado por festón de arcos de ferradura, arredor ábrense oito máis, en forma radial econ ornamentación xeométrica. Ventás laterais de arcos polilobulados, dous contrafortes co dúas columnas adosadas e con follas de acanto. Á dereita, unha torrecilla cilíndrica contén a escaleira de caracol que sube ata a espadaña de dobre arco.