1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 155 x 95 mm. sobre cartón 67 x 107 mm. Papel.. Bo.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais.
Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade. Ramona era irmá de María Núnez Pene, casada con Joaquín Acuña Soaje
No reverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: Fotografía Italiana / F. Prosperi / Y Señora / 31 Príncipe 31/ Vigo No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: ilexible
En formato horizontal retrato de parella de busto e frontal. A muller, leva chaquetiña negra con decoración de sartas de doas e os ombreiros con volume, ten os cabelos recollidos no alto da cabeza con moño. O home, viste traxe escuro, camisa branca con colo tipo mao e gravata de lazo negra, ten os cabelos engomados e bigote.