Carta de Melitón N. López a Ricardo Blanco Cicerón sobre unha subasta de piñeiros e varios cargos e abonos en conta
1902-11-03
1 folla(s) ; 27 x 21 cm. Papel. Bo.
O remitente, administrador de Ricardo en Tui, comunica a suspensión da subasta duns piñeiros, un cargo en conta de 176.27 pesetas e un abono de 150 pesetas, a mais de informar que o arranxo do tellado foi máis caro de presupostado polo carpinteiro.