1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 94 x 57 mm. sobre cartón de 95 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Busto inscrito nun óvalo en relevo da Arquiduquesa Mª Cristina de Habsburgo-Lorena, quen sería a segunda muller de Afonso XII e raíña de España. Vai vestida cun abrigo de pel e leva unha capota suxeita cun gran lazo baixo a barbela. Por diante da capota, leva unha tiara ou coroa.