Descargar
Nivel de descrición:

Expediente

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.04 - Documentos de función privada
01.07.04.02 - Confraría de Nosa Señora do Rosario
01.07.04.02.01 - Goberno
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15703.AMPG./01.07.04.02.01.//RBC/Caixa147-01


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

RBC/Caixa147-01

1.2. Título

Actas

1.3. Datas

1898 / 1911

1.4. Nivel de descrición

Expediente

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 carpeta(s) Papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Confraría de Nosa Señora do Rosario (Santiago de Compostela)

2.2 Historia Institucional/Biografía

Confraría fundada no século XV tralas predicacións do dominico Alain de la Roche en Compostela. O arcebispo Afonso III Fonseca asinou a primeira constitución no ano 1516
Dende os Reis Católicos todos os monarcas españois poseen o título de irmáns maiores da confraría. Afonso XIII levou o seu Santo Calvario en 1909.
Esta confraría, con números clausus de confrades, posúe capela e cemiterio propios.
Ten a sede na Capela do Rosario, na Igrexa de San Domingos de Bonaval Ricardo Blanco-Cicerón Núñez naceu en Tui o 27 de outubro de 1844.
Estudiou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi alcalde da súa vila natal entre 1877 e 1879. No ano 1880 regresou a Santiago onde casa con Herminia García de la Riva e comeza a exercer a avogacía.
En 1884 ingresou na Sociedade Económica de Amigos do País, foi membro non numerario da Real Academia Galega e da Sociedade Pro-monte de Santa Tegra, a mais de ocupar a vicepresidencia da Sección Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909. Participou na creación da Sociedad Unión Obrera Benéfica e Instructiva Regional de Santiago. Foi membro do Banco Simeón (fundado por Simeón García, irmán da súa dona) entre 1918 e 1921, e tesoureiro da xunta da Caixa de Aforros e Monte de Piedade de Santiago. Vinculado ao carlismo galego, destacou como home de fondas crenzas relixiosas, xeneroso devoto de San Telmo, patrón de Tui, e membro das Confrarías de San Roque e Nosa Señora do Rosario de Santiago.
Destaca na súa faceta... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Documentación das reunións realizadas para o correcto funcionamento da confraría. Ademais das actas, atópanse os membros que conforman o Cabido da mesma e os da Xunta de Facenda, responsables da xestión.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está previsto

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.

4.2. Condicións de reprodución

Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación

Humanística

Castelán.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

4.5. Instrumentos de descrición

Instrumentos de descrición
Base de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego elaborada por Iago Martínez Penabad

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

5.4. Nota de Publicacións

Saenz-Chas Díaz, Belén, Fernando Acuña Castroviejo e María Reis Camiña Castro,`Olladas dunha época: Fotografías do fondo Blanco-Cicerón`. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Museo do Pobo Galego, 2009.
Exposición Galega de 1909: Conmemoración do 1º Centenario Exposición Regional Gallega Santiago 1909. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Museo do Pobo Galego, Instituto de Estudios Galegos `Padre Sarmiento`, 2010.
Balseiro García, Aurora, `Historia dunha colección: Ricardo Blanco-Cicerón, Álvaro Gil Varela e a colección e ourivería antiga do Museo Provincial de Lugo`. En: Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, n.10 (2015), pp.53-66.
Castelao, Carlos: `As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX`. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, Editorial Alvarellos, 2018

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2019

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

Items .. 1898 (1) 1902 (3)
RBC/Caixa147-01//01 Convocatorias do Cabido da Confraría do Rosario de Santiago

RBC/Caixa147-01//02 Borradores das actas do Cabido da Confraría do Rosario de Santiago

RBC/Caixa147-01//03 Membros do Cabido da Confraría do Rosario

RBC/Caixa147-01//04 Membros da Xunta de Facenda da Confraría do Rosario

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
RBC/Caixa147-01Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo non dixitalizadoDisponible