1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//BSC/Foto-18//02
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
BSC/Foto-18//02
1.2. Título
[Retrato de Luis de Aspe y Fullós]
1.3. Datas
1860 / 1865 1860 . Coruña, A
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 52 mm. sobre cartón de 105 x 61 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Lanelongue Tarissant, Eugenio, 1820-1901?, Fotógrafo . (A Coruña)2.2 Historia Institucional/Biografía
Eugenio Lanelongue chega á Coruña en 1852, abrindo un gabinete fotográfico en Espoz y Mina 5. Por cambio de numeración das rúas, pasará a ser nº 11 en 1865 e nº 13 en 1870. A partires de 1875 trasládase a Santo André 13
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Belén Sáenz-Chas Díaz
2018
3.1. Alcance e contido
Retrato masculino de corpo enteiro, vestido con chaleco, chaqueta e pantalón longo. Leva os cabelos peiteados para atrás e bigote e perilla. Leva unha man no peto do pantalón e a outra sostendo un cigarro
No reverso, membrete impreso: `Fotografía / de / Eugenio Lanelongue / Espoz y Mina 5 / Coruña`
No reverso nota manuscrita: `Como prueba del cariño que profesa a Angustias San Martín. Luis de Aspe y Fullós`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2019.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña Fotografías8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruñanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001822 | BSC/Foto-18//02 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |