Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1885
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 56 mm. sobre cartón de 108 x 67 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Bernhard Wachtl rexentaba unha casa litográfica con sede en Viena na que se deseñaban e imprimían os logotipos para os cartóns fotográficos de estudos de toda Europa
No anverso, mención de responsabilidade, litografado: `M. Reguera. Villagarcía`
No reverso, mención de responsabilidade, litografada: `M. Reguera / Fotógrafo / de la Real Casa / Villagarcía / Bernhard Wachtl Vienne`
No reverso leva unha data manuscrita: 1885
Busto feminino en 3/4 á esquerda, co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chaqueta escura coa parte do peitoral en branco e cun colo alto en forma de volante fruncido.
RRA/Foto-18//15
Mostrar nivel inferior