Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1875 / 1879
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 53 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm. Papel. bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: Manuel Reguera Villagarcia
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: Manuel Reguera / Fotógrafo - Pintor / Villagarcia.
Retrato de corpo enteiro dunha muller nova vestida de escuro cun traxe ao estilo polisón e cunha capota na cabeza. O seu brazo dereito vai apoiado sobre unha columna cuadrangular adornada con molduras, cuberta en parte por unha cortina. Entre ambas mans sostén un estoxo ou un libro.
RRA/Foto-18//20
Mostrar nivel inferior