Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato infantil]
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 91 x 55 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `J. Palmeiro e hijos. Santiago`
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Gabinete / Fotográfico / de / J. Palmeiro e Hijos / Santiago`
Retrato de corpo enteiro dunha nena con melena de longos bucles suxeitos cun lazo na parte alta da cabeza. Leva un vestido curto de cor branca, con medias de mesma cor e botas negras altas. A súa man dereita vai apoiada nun velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás dos pés da nena apréciase a base dun repousacabezas que se pode ver tamén no reflexo do espello, suxeitando a cabeza da nena na parte posterior. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe.
RRA/Foto-18//22
Mostrar nivel inferior