Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1889 / 1899 1889
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 54 mm. sobre cartón de 103 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: Fotografía / de / Eugenio Mora
Retrato de corpo enteiro dunha muller sentada nunha cadeira. Leva o pelo recollido e con flocos e vai vestida á moda da Belle Epoqué cun traxe escuro. Sobre o corpo leva unha chaqueta de veludo negro e na parte dianteira da saia unha banda do mesmo veludo. Calza botas altas. Sostén entre as mans un libro aberto. Á dereita hai un velador cuberto por un pano de damasco, cunha maceta cunha planta e unha boneca enriba.
RRA/Foto-18//26
Mostrar nivel inferior