Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de dúas nenas disfrazadas]
1930 / 1935
2 postais fotográfica(s) : Positivo en branco e negro, coloreada ; 140 x 89 mm. Papel. Bo.
0
Mención de responsabilidade, no reverso, cuño de tinta: `L. Aragundi / Fotógrafo / Padrón`
Retrato de dúas nenas disfrazadas durante o Entroido, situadas diante dun muro con barandilla e cancela de ferro. A nena maior leva un vestido coloreado de cor azul clara, co corpo en negro e cun mandil negro adornado cunhas bandas de guipur e ao redor unha tira de abelorios en forma de lentella. A máis pequena leva un vestido de volantes, desde o colo ata os nocellos, coloreado en cor verde, e cun bolso de flores nunha man.
RRA/Foto-21//33
Mostrar nivel inferior