Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de dúas mozas vestidas de galegas]
1930 / 1935
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 136 x 83 mm. Papel. Regular. Presenta moitas engurras.
0
Mención de responsabilidade, no reverso, cuño de tinta: `Luis Aragundi / Fotógrafo / Padrón`
Retrato de dúas mozas nun xardín con árbores ao fondo, vestidas de galegas. A da esquerda leva pano da cabeza, pendentes longos e un aderezo pendurado dunha cinta de veludo negra; no torso un pano estampado sen flocos sobre camisa e chaqueta; e de cintura para abaixo unha vasquiña con rodo de veludo e agremán bordado e un mandil partido con rodo de veludo e agremán da feira; nos pés, unhas sandalias abertas sobre medias brancas e na man unha vara e unha corda recollida formando un nó. A moza da dereita, leva tamén pano da cabeza, pendentes longos e un aderezo pendurado dunha cinta de veludo negra; no torso un pano estampado sen flocos sobre a chaqueta; e de cintura para abaixo unha vasquiña con rodo de veludo e cinta de damasco e un mandil con rodo de veludo e un estreito agremán; nos pés, zapatos de pulseira con fibela e nas mans sostén unha pandeireta.
RRA/Foto-21//34
Mostrar nivel inferior