Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de Antonio Barreiro coa súa muller e filla]
1930 / 1939
1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro, pintado ; 88 x 139 mm. Papel. Bo. Presenta unha rotura nun lateral.
0
Carlos Casares é unha pequena cidade arxentina da provincia de Bos Aires que debe seu nome a Carlos Gumersindo Casares (1830-1883) quen fora gobernador da provincia de Bos Aires entre 1875-1878 e o artífice de levar o ferrocarril a esta cidade. As siglas F.O.C. fan referencia ao Ferrocarril Oeste de Bos Aires.
Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito, cuño seco: `Foto Scolari / Carlos Casares / FOC`
Nota manuscrita a lapis no reverso: Antonio Barreiro / Buenos Aires
Retrato dun matrimonio cunha filla en medio dos dous. A muller está á esquerda, con melena curta e ondulada, vestida cunha chambra escura sen mangas. A nena, de melena curta e con flocos, leva un vestido negro con colo branco. O home, á dereita, con pelo curto e imberbe, viste traxe de chaqueta con gravata a raias.
RRA/Foto-21//46
Mostrar nivel inferior