Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato feminino]
1886, ca.
1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 137 x 96 mm. sobre cartón de 165 x 108 mm. Papel. Bo. Fotografía parcialmente despegada do cartón.
0
A fotografía está despegada en parte, deixando ver que o cartón é aproveitado pois aparece o nome doutro fotógrafo, Luis Hermida con actividade en Compostela entre 1885 e 1887. A mención de responsabilidade que consta é: `L. Hermida Sucesor de Palmeiro. Rúa del Villar 25. Santiago`
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `Fotografía / de / Eugenio Mora`
Retrato dunha moza coa cabeza descuberta, pelo peiteado con raia ao medio e recollido na parte posterior da cabeza. Viste de escuro e no busto leva cruzado un mantón de seda adamascada, suxeito no pescozo cun broche. Leva as mans xuntas sobre o respaldo dunha cadeira inclinada cara ela, apoiada unicamente nas patas dianteiras.
RRA/Foto-28//33
Mostrar nivel inferior