Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de grupo]
1899-04-30
2 fotografía(s) amateur ou colete de 1/2 placa : Positivo en branco e negro ; 116 x 164 mm. sobre cartón de 126 x 178 mm. Papel. Bo.
0
No anverso, na parte inferior, cuño de tinta: `Recuerdo de Cesures Abril 30 1899`
Retrato de grupo nun xardín ao redor dunha mesa con varias botellas e vasos. Detrás da mesa están sentadas dúas mulleres e a carón dunha delas, unha nena pequena; a dereita, sentado nun tallo, un home de barba e bigote cunha pipa na boca, vestido con camisa, chaleco, pantalón longo e gorra. Detrás das mulleres, dous homes sentados nun muro baixo, unha neneira de pé cun bebé no colo e outro home de pé apoiando o brazo no tronco dunha árbore. En primeiro plano, á esquerda, un home deitado do chan. Ao fondo, un río.
RRA/Foto-28//39
Mostrar nivel inferior