Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

[Retrato de parella]
1920 / 1930
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 132 x 83 mm., sobre cartón de 252 x 153 mm. Papel. Bo. O cartón presenta unha dobra profunda na parte inferior.
0
Mención de responsabilidade, no ángulo superior dereito: `Alfonso / Toledo 63 / Madrid`
Retrato dunha parella nova, ambos de medio corpo, vestidos de escuro e coas cabezas xuntas. Á esquerda está o home, de pelo curto e imberbe; á dereita, a muller cun vestido con escote en V pronunciado e co pelo recollido na parte inferior da cabeza.
RRA/Foto-30//17
Mostrar nivel inferior