1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 158 x 112 mm. Papel. Bo.
0
No reverso, nota manuscrita a tinta: `(Pontevedra)`
Reprodución fotográfica dunha fotografía coa vista dunha eira empedrada cunha palleira dun andar na esquerda. Ao fondo hai dúas mulleres vestidas con panos da cabeza, camisas, saias e mandís, unha delas levando un gran saco branco na cabeza. Detrás, un muro de pedra pechando a eira, cunha porta baixa de listóns de madeira. Por detrás do muro hai un cruceiro e un hórreo de dous claros, cámara de pedra e cuberta de tella.