3 unidade(s) de instalación compartida(s). Papel. Bo.
Album fotográfico do século XIX formado por 12 follas. As tres primeiras para 6 tarxetas de tamaño `cabinet`; as tres seguintes de `promenade`, tamén para 6 tarxetas; a continuación, outras tres follas para `carte de visite`, con espazo para 24 tarxetas; as tres últimas follas son novamente de `cabinet`, para 6 tarxetas. As fotografías son todas retratos de familiares e de persoas descoñecidas. Algunhas das fotografías viñan colocadas no album, mentres outras estaban soltas. A colocación das fotos non era a orixinal, pois as doantes as cambiaran de lugar en varias ocasións.