Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato feminino]
1890, ca.
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 54 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Manuel Reguera / Fotografo - Pintor / Villagarcia`
No anverso, mención de responsabilidade, impreso: `Manuel Reguera Villagarcía`
Retrato de corpo enteiro dunha muller de perfil á esquerda coa cara volta cara á fronte. Leva o cabelo partido en dúas metades por unha raia ao medio e recollido nunha longa trenza que lle chega ate a cintura. Viste un traxe escuro de dúas pezas, co corpo axustado cos puños de veludo negro e unha saia con voo adornada no terzo inferior cun rodo de veludo negro e un volante con táboas adornadas alternativamente con veludo negro. No pescozo e nas mangas sobresaen un colo e uns puños brancos. Leva ambas mans apoiadas no alto respaldo dunha cadeira torneada e tallada de estilo alfonsino co asento e o respaldo tapizados en cor clara. A esquerda, unha cortina que oculta en parte o respaldo da cadeira.
FLL/Foto-19//03
Mostrar nivel inferior