Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato feminino]
1865, ca
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 56 mm. sobre cartón de 103 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade: `Fotografía de / E. Segond / Calle del Orrio (sic) / Santiago`
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida ao estilo romántico cun traxe escuro de corpo axustado e unha gran saia de moito voo. Vai peiteada cun recollido baixo á altura da caluga. Sobre o corpo do vestido destacan en cor branca un colo de camisa, un cinto e un broche a altura do peito. Nos puños leva un adorno bordado. Leva a súa man dereita apoiada nunha cadeira isabelina de respaldo ao aire tallado con decoración vexetal.
FLL/Foto-19//04
Mostrar nivel inferior