3 unidade(s) de instalación Papel. Atendendo á clase dos documentos, unha gran parte da documentación é de carácter textual, pero tamén hai que sinalar a presenza de documentos iconográficos, como é o caso de planos ou carteis.
Pode haber novas achegas
A documentación política pertence á UPG, en primeiro lugar, así como ás seguintes organziacións derivadas dela: AN-PG, BN-PG e BNG. Entre eles atópanse estatutos, circulares internas, panfeltos, correspondencia e documentos sobre as relacións con outros partidos. Por outra bandam inclúese tamén documentación local principalmente de Moaña, documentos de carácter sindical de diversas organizacións (SOG e ING, UTEG, CCLL, etc. Ademais, hai unha serie de textos relativos á formación interna dos militantes políticos, así como prensa e recortes de prensa.
O conxunto inclúe materiais propagandísticos, tales como adhesivos, tarxetas, calendarios, cartaces, pins e bandeiras.
A importancia do arquivo reside nas claves que proporciona para o estudo do nacionalismo políticos na etapa final do Franquismo e na Transición. Tamén é relevante para un mellor coñecemento do concello de Moaña (Pontevedra)