1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 89 x 53 mm. sobre cartón de 104 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `Barcia y Cnia / Retratista de cámara / de SS.MM. y AA. RR.`
Retrato dunha nena e dunha moza de corpo enteiro, collidas do brazo. A moza vai vestida cun traxe claro de dúas pezas e na cabeza leva pintado con tinta azul un tocado. A nena viste de curto cun traxe branco que deixa ver as medias e os botíns. Na súa man dereita leva unha antuca ou parasol. Detrás dos pés da nena vese a base dun repousacabezas. O fondo é liso, cunha cortina no lado dereito.