1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 57 mm. sobre cartón de 105 x 60 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo. Ambas mencións de responsabilidade aparecen tachadas en parte; posiblemente, foi aproveitado un cartón no que figuraba o nome dalgún dos socios cos que Ramón Buch traballou en Vigo entre 1866 e 1875, ben o seu propio irmán Juan ou ben Patricio Bocconi ou Juan Rodríguez.
No anverso, mención de responsabilidade, impreso: `R. Buch. Vigo` No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `R. Buch / Vigo`
Retrato dun home de algo máis de medio corpo, co pelo curto e con barba, pero sen bigote. Vai vestido con camisa branca, gravata de lazo, chaleco no que se ve a cadea do reloxo de peto, pantalón e longa levita. Leva a man esquerda apoiada sobre un plinto de madeira tallada que sostén unha columna; detrás desta, unha cortina.