1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 136 x 87 mm. en cartafol de 169 x 115 mm. Papel. Bo.
0
Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito, cuño seco: `P. Apugliese / San Juan 2747 / B. Aires` Mención de responsabilidade, no papel protector, impreso: `P. Apugliese / San Juan 2747 al 51 - U.T. 3514 Mitra` Mención de responsabilidade, na portada do cartafol, impreso: ``P. Apugliese / San Juan 2747 al 51 - U.T. 3514 Mitra``
Retrato dunha moza de corpo enteiro cun vestido de talle baixo de cor clara e con zapatos de tacón. Leva o pelo peiteado con raia ao medio e recollido na parte posterior da cabeza. Leva pendentes longos e un colar de perlas. A súa man dereita, onde leva un reloxo de pulso, vai apoiada nunha mesa de patas tordeadas; a esquerda, sostén unha cortina. A postal preséntase nun cartafol tipo libro, suxeita con cantoneiras, o que permite extraela; vai protexida por un papel vexetal. A portada do cartafol vai adornada cun busto feminino de perfil, cheirando unha rosa.