1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 53 mm. sobre cartón de 104 x 63mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, cuño de tinta: `Barcia y Cnia / Retratista de cámara / de SS.MM. y AA. RR.`
Busto dunha moza de fronte co pelo dividido en dúas metades e recollido na parte posterior da cabeza. Leva pendentes longos de dous corpos e viste un pano de caxemira ou de mil cores cruzado sobre o peito.