1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 94 x 56 mm. sobre cartón de 97 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, nota manuscrita: `Para mi queridisima amiga Eduarda deseando que no se olvide de su invariable Mª Antonieta de Arnaiz. Coruña, 4 de agosto de 1876
Busto de perfil á dereita dunha muller, inscrito nun óvalo en relevo. Leva o pelo recollido nun alto moño na parte superior e posterior da cabeza. Vai vestida cunha chaqueta escura cun alto colo en forma de volante adornado cunha gran lazada que destaca sobre o branco da blusa. Leva un pendente en forma de flor