Documentos do Convento de San Martiño de Santiago reclamando ao Alcalde o reembolso do que os monxes tiveron que aportar durante a ocupación do exército francés na cidade
1809-06-14 / 1817-07-02
70 folla(s) ; 32 x 23 cm. Papel. Deteriorado.
Cosido, follas de distintos tamaños. Algunhas levan membrete con selo e inscrición. Un dos documentos ten selo con filigrana de papel.
Conxunto de documentos relacionados co Convento de San Martiño de Santiago e a chegada do exército francés á cidade. Hai certificacións, recibos varios do diñeiro e víveres que o Mosteiro tivo que dar para o mantemento das tropas francesas. Tamén inclúe un escrito do abade do Mosteiro ao alcalde de Santiago reclamándolle o pago dos mesmos, e os documentos que lle prosigueron no trámite.