4 folla(s) ; 48 x 32 cm. Deteriorado e restaurado. Pergameo.
Texto a dúas columnas, cor ocre no texto e as letras capitulares con ornamentación vexetal en verde, vermello e azul. Nas marxes emprégase o `signum manuum`, pequenas mans rematadas nun punteiro como chamadas de atención sobre detalles do texto. O `Fuero Juzgo` é a adaptación e unificación levada a cabo no século XIII por mandato do rei Fernando III, das leis visigodas contidas no `Liber Iudicorum`, compilado á súa vez no século VII, e froito das distintas disposicións legais polos monarcas visigodos. A partir do século XIII comezan a se alternar as copias en latín do Código coas copias nas linguas romances da peníncula.
Este documento é coñecido como o `Fuero Juzgo de López Ferreiro` por ser este autor o primeiro que o estudou e publicou. Segundo López Ferreiro, o fragmento é anterior ás primeiras traducións ao castelán feitas no século XIII, co cal se deduce que son do século XII, e o seu interese está nas anotacións polo seu valor linguïstico cara a orixe e desenvolvemento da lingua galega
Fragmento do `Fuero Juzgo` que só inclúe o Título VII `De los Furtos e de los Enganos`