1.1. Código de referencia
ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Foto-02//14
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-02//14
1.2. Título
[Isaac Peral nas ruínas do Castelo de Sobroso en Mondariz]
[S.n.]
1.3. Datas
1890 . Mondariz
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 230 x 140 mm. sobre cartón 270 x 220 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
F. Pardo e Hijo, Fotógrafos (Mondariz) Pardo Ferrer, Feliciano Peral, Isaac, 1851-18952.2 Historia Institucional/Biografía
Feliciano Pardo Ferrer (1833-1911), naceu en Santa María de Galdo, parroquia do concello lugués de Viveiro; fillo de Manuel Pardo Fernández, orixinario desta localidade e Antonia Ferrer Segurola, natural de Pinel, Cataluña. Fotógrafo ambulante, instalaríase coa súa primeira muller Antonia Campos no nº 145 da coruñesa rúa de Orzán; e aí, entre 1867 e 1870, nacería a súa prole, Luisa, Manuel e Feliciano. A finais dos setenta do século XIX, exerceu a súa profesión de fotógrafo en modo itinerante, percorrendo vilas e cidades; posiblemente tamén visitou outras cidades da península, ata que a finais da década dos oitenta, regresa a Galicia. Durante estes anos, hai noticias da súa presenza en Ferrol, A Coruña e Santiago; e, nos períodos estivais, na localidade de Mondariz, a carón do Balneario creado polos irmáns Peinador. En 1894 establece a súa residencia en Mondariz, coa súa familia. Os seus tres fillos tamén se dedicarán á fotografía: Luisa no propio Mondariz, herdando o estudo do seu pai; Manuel en Caldelas de Tui e Feliciano en Oviedo.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Vista detalle dunhas ruínas, cun arco de medio punto entre vexetación e a figura dun home con bastón e traxe claro (Isaac Peral).
Mención de responsabilidade no anverso do soporte secundario: F. Pardo e Hijo / Fotografo
No anverso do soporte secundario selo húmido: Mondariz / Recuerdo de 1890
No anverso nota manuscrita: Isaac Peral
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
[S.n.]
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Pontevedra-Mondariz Fotografías Peral, Isaac, 1851-18958.3. Datos adicionales: Editor si procede
[S.n.]
8.9. Datos adicionais. Cobertura
Pontevedra-Mondariznº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004339 | RBC/Foto-02//14 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |