1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.05.02.03.//RBC/Foto-16//079
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-16//079
1.2. Título
Retrato de José María Castroviejo Blanco-Cicerón
[S.n.]
1.3. Datas
1925, ca . Santiago
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía (s). : Positivo en branco e negro ; 134 x 85 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Fotografía Almeida, Fotógrafo (Santiago de Compostela) Almeida, Silvestre Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-19832.2 Historia Institucional/Biografía
Silvestre Almeida abriu o seu Laboratorio Fotográfico para afeccionados en 1931, na rúa Bautizados, a carón do establecemento do seu pai Juan B. Almeida, quen se establecera en Santiago arredor de 1907.
José Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas.
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral de Prensa.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
En formato vertical, retrato masculino de busto e frontal. O home viste chaqueta negra, camisa branca, gravata con pasador e pano de peto. Ten os cabelos engomados.
No anverso, mención de responsabilidad: Fotografía / Almeida /Santiago
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
[S.n.]
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Fotografías Castroviejo Blanco-Cicerón, José María, 1909-19838.3. Datos adicionales: Editor si procede
[S.n.]
nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0004930 | RBC/Foto-16//079 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |