1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./01.07.03.02.//RBC/Caixa155-07
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Caixa155-07
Signatura antigua
BC/004-62
1.2. Título
Documentación relacionada coa familia Obaya
1.3. Datas
1831 / 1870, ca
1.4. Nivel de descrición
Unidade documental composta
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
100 folla(s) ; Varias medidas. Papel. Regular.
2.1. Produtor-Institución
Obaya y Lloreda, Julián2.2 Historia Institucional/Biografía
Julián Obaya Lloreda licenciouse como avogado no ano 1843 e incorporouse ao Colexio de Avogados de Santiago en 16 de novembro de 1844, e ao de Madrid o 28 de decembro de 1850. Exerceu en Santiago desde a incorporación ao seu Colexio ata fines de 1850, desde 1855 á maio de 1859 e desde 1860 ata 1885
Foi Decano do Colexio de Avogados en Santiago durante 10 anos, e 12 anos foi avogado de beneficencia.
Foi catedrático interino da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago, individuo de tribunais de examen e de oposición á cátedras, Diputado provincial, Teniente Alcalde da mencionada cidade, dúas veces electo Diputado á Cortes e Maxistrado suplente da Audiencia do criminal de Santiago desde 1884.
En 1859 foi nomeado Xuíz de primeira instancia de Ordes; tomou posesión e renunciou nese mesmo ano.
O 4 de outubro de 1865 foi nomeado para a Promotoría fiscal de Santiago, da que tomou posesión en novembro e cesou en 1867.
En noviembre de 1868 foi nomeado Xuíz de primeira instancia de Santiago, e electo. e renunciou en decembro.
En 23 de febreiro de 1870 foi nomeado Xuíz de primeira instancia de A Coruña. E en 1885 maxistrado da Audiencia de As Palmas.
2.3. Historia Archivística
Os documentos estaban mesturados coa propia documentación da actividade profesional de Ricardo Blanco-Cicerón.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
Data do ingreso
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Documentación relacionada coa familia Obaya, principalmente co avogado Julián Obaya, con quen traballou Ricardo Blanco-Cicerón, na que hai 40 cartas, 3 documentos notariais, 1 xudicial e 1 minuta de honorarios. Moitas das cartas fan referencia aos casos nos que tomou parte Obaya, o cal anota na maioría das cartas as que ten contestadas; proceden de moitas partes de España (desde As Palmas a Lleida) destacando as cartas con Montero Ríos, o cal lle comunica en 1888 o seu traslado á fiscalía de Seo d´Urxel.
Diferentes formatos, algúns con papel timbrado. Hai follas en branco.
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Regular.
4.5. Instrumentos de descrición
Instrumentos de descriciónBase de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña-Santiago de Compostela8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000837 | RBC/Caixa155-07 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |