1 postal : Positivo en branco e negro ; 139 x 89 mm. Papel. Bo.
0
0
A Fototipia Thomas foi creada en 1880 por Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suiza), 1910). Unha das súas liñas de traballo foi, desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías de temas locais. A partires de 1905 comenza a publicar coleccións de postais de diferentes puntos da xeografía española, traballando con diferentes fotógrafos dos que non se coñecen os nomes. Á morte do seu creador, a súa actividade continuou da man dos seus fillos. A partires da Guerra Civil foi decaendo ata a súa desparición nos anos 60.
Texto manuscrito no reverso.
Postal circulada con selo de Afonso XIII e timbre postal con data.
Retrado dunha parella na eira dunha casa, coa muller á esquerda sentada nun tronco e o home de pé á dereita. A muller leva pano da cabeza branco, pano de caxemira sobre camisa branca, refaixo, mandil e zocos. O home leva chapeu, chaqueta sobre camisa e chaleco, pantalón longo e zocos; na man, un paraugas. Detrás, unha parella de nenos e un carro cargado de herba.