1.1. Código de referencia
ES.GA.15703.AMPG./01.07.01.05.//RBC/Foto-11//012
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-11//012
1.2. Título
[Retrato familiar]
1.3. Datas
1904-01-00 . Avilés
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 206x 145 mm. sobre cartón de 255 x 185 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
García Duarte, Ramón, 1862-1936, Fotógrafo . (Avilés)2.2 Historia Institucional/Biografía
Duarte foi un destacado fotógrafo asturiano de familia pudiente, estudou na Escola de Belas Artes de Oviedo. Con notables cualidades como debuxante, seguramente empezou a colaborar como retocador e iluminador nalgún dos estudios fotográficos que desenvolvían a súa actividade na capital asturiana.
O seus inicios como fotógrafo hai que situalos en Avilés, nesta ciudade tivo estudios na rúa Rui Pérez e na rúa Estación.
Coa súa formación en Belas Artes destacou realizando ampliacións retocadas. A súa fama fixo que tivera sucursais en Oviedo e Xixón.
Foi un gran retratista que innovou os esquemas un tanto ríxidos imperantes ata entón.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Retrato grupal de corpo enteiro e frontal. Un matrimonio cos seus cinco fillos. No centro e de pé, o home con chaqueta e chaleco escuros; á dereita, dúas nenas de pé vestidas iguais, un neno sentado con traxe curto e outra nena, tamén sentada con vestido branco. Á esquerda, a nai sentada con traxe de saia e chaqueta, cunha nena nos brazos.
No anverso, mención de responsabilidade no soporte secundario `R. G. Duarte /Avilés`
No reverso, mención de responsabilidade no soporte secundario `Taller de Fotografía / Pintura y Ampliaciones / R. G. Duarte / Avilés`
No reverso, mención de responsabilidade no soporte secundario `M. Riaza-Madrid`
No reverso, manuscrito `Enero 1904`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
0
4.5. Instrumentos de descrición
Instrumentos de descriciónBase de datos access da Biblioteca do Museo do Pobo Galego, inventarios, catálogos de exposicións e publicacións do Museo do Pobo Galego
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
#HEREDA#
Descrición realizada por Alexa García Pose Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0003108 | RBC/Foto-11//012 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |