Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
VGM/Caixa636-07
1.2. Título
Proceso penal
1.3. Datas
1937 / 1981
1.4. Nivel de descrición
Expediente
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 carpeta(s) Papel.
2. Área de contexto
2.2 Historia Institucional/Biografía
Nado na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí foi un intelectual e erudito cuxa traxectoria deu conta, sobre todo, do seu compromiso vital cunha Galicia que, no espiritual e estético vencellou sempre a Portugal, na procura de reivindicar identitariamente a que chamaría “a esquina atlántica” no marco da España e Europa do seu tempo.
Formado inicialmente entre Compostela e Madrid ampliou estudos en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros).
García Martí desenvolveu tamén un importante labor como axente cultural de Galicia en Madrid, onde tivo forte presenza no Centro Gallego. Formou parte da rede de escritores, artistas e políticos galegos na capital do Estado, e desde alí exerceu como historiador, ensaísta e crítico literario, sobre todo, na difusión e posta en valor da produción literaria de autores galegos. Por outra parte, en escritos como `Impresiones de Galicia` (1922), `Una punta de Europa` (1927), ou `De la zona atlántica (Galicia y Portugal)` (1934) focou os problemas que consideraba de mais urxente resolución para o país, instando á responsabilidade dos intelectuais na reculturización da Galiza. E subliñou, dacordo co ideario intuicionista de inicios do século XX,... Ver máis os trazos espirituais partillados por ambas as comunidades das dúas marxes do Miño.
A pesar da distancia, sempre foi parte activa da vida social e política galega. Neste sentido, os nomes de Castelao, Blanco Amor, Cabanillas, Villar Ponte, Gamallo Fierros ou Ramón Otero Pedrayo, presentes no seu epistolario, testemuñan unha relación de amizade e mutua admiración, así como o común interese por desenvolver proxectos e actividades culturais vinculadas á súa terra. Antes da guerra, de feito, temos constancia da presenza de García Martí nas homenaxes a Lamas Carvajal ou a Curros Enríquez (1913), no Banquete de Barxa (1930), ou entre os asinantes do Manifesto de Barrantes (1930).
Da súa amizade con Valle Inclán dan conta fotografías, cartas, dedicatorias, un prólogo –escrito para `De la felicidad` (1924)-, e as múltiples memorias espalladas nos escritos de García Martí. No político e cultural, ambos compartiron a creación da Sociedad de Amigos de la Cultura, en Mondariz (1923), e os dous formaron parte da lista electoral do Partido Radical Lerrouxista pola circunscripción da Coruña (1931).
Fronte a febril actividade literaria, cultural e política anterior a 1936, os anos 40 deron lugar a un proceso de marxinalización social e institucional, García Martí foi encarcerado no Penal de Burgos durante a Guerra Civil pola súa defensa da II República. Reincorporado ao seu posto de funcionario ministerial, mantivo unha necesaria autocensura discursiva e un progresivo isolamento social reconducindo os seus traballos cara o ensaio sociolóxico e filosófico.
En 1944 publicou as `Obras Completas` de Rosalía de Castro na Editorial Aguilar, proxecto que deu impulso á recuperación do corpus rosaliano. Aínda que foi Rosalía quen ocupou a maior parte do seu tempo e labor como investigador biográfico e crítico literario, outras mulleres que destacaron tanto no mundo profesional como cultural: Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Ofelia Nieto, Lilí Álvarez... foron tamén obxecto dos seus traballos.
O seu retiro definitivo á Galicia produciuse trala súa xubilación como Xefe Superior da Administración Civil do Corpo Técnico administrativo do Ministerio de Industria, en 1951, momento en que, retornado á Pobra do Caramiñal, retomou o labor de escritor de crónicas e artigos de contido cultural, que publicaba nalgúns xornais madrileños, pero sobre todo no compostelano `La Noche`. Mais a pesar do recoñecemento tardío, que xa no fin da súa vida lle foi tributado pola Universidade de Santiago ou pola Real Academia Galega, García Martí non deixou pasar a oportunidade de expresar o seu lamento polo feito de que a pesar de ter construido a súa traxectoria desde e para Galicia, o seu labor e a súa figura quedaran ás marxes da historiografía e cultura galegas Nado na Pobra do Caramiñal en 1881, Victoriano García Martí foi un intelectual e erudito cuxa traxectoria deu conta, sobre todo, do seu compromiso vital cunha Galicia que, no espiritual e estético vencellou sempre a Portugal, na procura de reivindicar identitariamente a que chamaría “a esquina atlántica” no marco da España e Europa do seu tempo.
Formado inicialmente entre Compostela e Madrid ampliou estudos en París e Bruxelas, onde tivo a oportunidade de asistir aos cursos do filósofo Henri Bergson e dos sociólogos Emile Durkheim e René Worms. Foi, sobre todo, o Ateneo de Madrid, o espazo ao que dedicou os seus maiores esforzos e enerxías, desde o cargo de Secretario (baixo as presidencias de Unamuno e de Valle-Inclán, entre outros).
García Martí desenvolveu tamén un importante labor como axente cultural de Galicia en Madrid, onde tivo forte presenza no Centro Gallego. Formou parte da rede de escritores, artistas e políticos galegos na capital do Estado, e desde alí exerceu como historiador, ensaísta e crítico literario, sobre todo, na difusión e posta en valor da produción literaria de autores galegos. Por outra parte, en escritos como `Impresiones de Galicia` (1922), `Una punta de Europa` (1927), ou `De la zona atlántica (Galicia y Portugal)` (1934) focou os problemas que consideraba de mais urxente resolución para o país, instando á responsabilidade dos intelectuais na reculturización da Galiza. E subliñou, dacordo co ideario intuicionista de inicios do século XX, os trazos espirituais partillados por ambas as comunidades das dúas marxes do Miño.
A pesar da distancia, sempre foi parte activa da vida social e política galega. Neste sentido, os nomes de Castelao, Blanco Amor, Cabanillas, Villar Ponte, Gamallo Fierros ou Ramón Otero Pedrayo, presentes no seu epistolario, testemuñan unha relación de amizade e mutua admiración, así como o común interese por desenvolver proxectos e actividades culturais vinculadas á súa terra. Antes da guerra, de feito, temos constancia da presenza de García Martí nas homenaxes a Lamas Carvajal ou a Curros Enríquez (1913), no Banquete de Barxa (1930), ou entre os asinantes do Manifesto de Barrantes (1930).
Da súa amizade con Valle Inclán dan conta fotografías, cartas, dedicatorias, un prólogo –escrito para `De la felicidad` (1924)-, e as múltiples memorias espalladas nos escritos de García Martí. No político e cultural, ambos compartiron a creación da Sociedad de Amigos de la Cultura, en Mondariz (1923), e os dous formaron parte da lista electoral do Partido Radical Lerrouxista pola circunscripción da Coruña (1931).
Fronte a febril actividade literaria, cultural e política anterior a 1936, os anos 40 deron lugar a un proceso de marxinalización social e institucional, García Martí foi encarcerado no Penal de Burgos durante a Guerra Civil pola súa defensa da II República. Reincorporado ao seu posto de funcionario ministerial, mantivo unha necesaria autocensura discursiva e un progresivo isolamento social reconducindo os seus traballos cara o ensaio sociolóxico e filosófico.
En 1944 publicou as `Obras Completas` de Rosalía de Castro na Editorial Aguilar, proxecto que deu impulso á recuperación do corpus rosaliano. Aínda que foi Rosalía quen ocupou a maior parte do seu tempo e labor como investigador biográfico e crítico literario, outras mulleres que destacaron tanto no mundo profesional como cultural: Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal, Sofía Casanova, Ofelia Nieto, Lilí Álvarez... foron tamén obxecto dos seus traballos.
O seu retiro definitivo á Galicia produciuse trala súa xubilación como Xefe Superior da Administración Civil do Corpo Técnico administrativo do Ministerio de Industria, en 1951, momento en que, retornado á Pobra do Caramiñal, retomou o labor de escritor de crónicas e artigos de contido cultural, que publicaba nalgúns xornais madrileños, pero sobre todo no compostelano `La Noche`. Mais a pesar do recoñecemento tardío, que xa no fin da súa vida lle foi tributado pola Universidade de Santiago ou pola Real Academia Galega, García Martí non deixou pasar a oportunidade de expresar o seu lamento polo feito de que a pesar de ter construido a súa traxectoria desde e para Galicia, o seu labor e a súa figura quedaran ás marxes da historiografía e cultura galegas... menos
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso Doazón Fonte do ingreso Eduardo Beiras García e Carmen Beiras García Data do ingreso 2011, 2017, 2020
3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido
Expediente do procesamento penal de Victoriano García Martí durante a Guerra Civil. Inclúe tanto telegramas como cartas, informes, oficios e debuxos do período de tempo que estivo no cárcere de Burgos como da fase de depuración posterior.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados polo propio titular da documentación, aos que se lles aplica a restricción marcada pola lei vixente.
O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7. Área de control da descrición
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
VGM/Caixa636-07//01 Escrito de Tomás Mosquera e Marcial García Martí ao Delegado de Traballo da provincia da Coruña dando boas referencias de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//02 Telegrama para Marcial García Martí
VGM/Caixa636-07//03 Telegrama de Victoriano García Martí a Marcial García Martí informando do seu encarceamento
VGM/Caixa636-07//04 Telegrama de Tomás ? a Marcial García Martí informando sobre o estado de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//05 Telegrama de Tomás ? a Marcial García Martí pedindo que actúe Gaset [sic]
VGM/Caixa636-07//06 Telegrama de Isidro Buceta a Marcial García Martí confirmando a presentación de certificacións
VGM/Caixa636-07//07 Telegrama de Tomás ? a Marcial García Martí para comunicar onde están
VGM/Caixa636-07//08 Copia do testemuño notarial sacado na Coruña polo notario de La Hoz y de Val e enviado para interceder por Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//09 Carta a Isidro Buceta para remitir testemuños de prensa e autoridades a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//10 Carta de [Marcial García Martí] a Federico García Sanchíz [sic] para expor o caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//11 Carta de Francisco de Borbón a Tomás Mosquera sobre o caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//12 Carta de Tomás Mosquera a Marcial García Martí sobre o que vai sucedendo no caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//13 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Blanell [sic] sobre o caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//14 Apunte de Victoriano García Martí con indicacións a súa familia para buscar contactos en altas instancias
VGM/Caixa636-07//15 Carta de Marcial García Martí a Cristino Jalón sobre o caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//16 Carta modelo incompleta de Marcial García Martí sobre o caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//17 Carta de [Marcial García Martí] a Federico García Sanchíz dando as gracias pola súa intervención no caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//18 Carta de [Marcial García Martí] ao Delegado de Orden Público de Burgos remitindo documentos que adxuntar ao expediente de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//19 Carta de Marcial García Martí a María Gloria Sol solicitando a súa testemuña a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//20 Carta De Marcial García Martí a Isidro Buceta solicitando que visite a Victoriano García Martí cuanto pueda
VGM/Caixa636-07//21 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Planell solicitando unhas atencións para Victoriano García Martí por mor de saúde
VGM/Caixa636-07//22 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol solicitando que envíe cedo un informe favorable para Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//23 Carta de Marcial García Martí a María Gloria y Gómez Pallete solicitando de novo a súa testemuña a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//24 Carta de Marcial García Martí a Federico García Sanchíz solicitando unha mellora nas condicións de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//25 Carta de Marcial García Martí a Francisco de Borbón solicitando que axude a aliviar a situación de Victoriano García Martí no cárcere
VGM/Caixa636-07//26 Escrito sobre a conveniencia de que Victoriano García Martí siga na prisión gubernativa
VGM/Caixa636-07//27 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Planell pedindo de parte de Victoriano García Martí que o visite cando estea en Burgos
VGM/Caixa636-07//28 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol agradecendo unha resposta e unha carta a Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//29 Carta de Marcial García Martí a Victoriano García Martí informando dos pasos e as xestións que está realizando
VGM/Caixa636-07//30 Carta de [Marcial García Martí] a Federico García Sanchíz solicitando unha entrevista no nome de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//31 Carta de Marcial García Martí a Joaquín Planell respondendo unhas preguntas sobre o expediente de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//32 Carta de Marcial García Martí a Luís Benítez sobre o caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//33 Carta de L. Hoyos a Marcial García Martí sobre a situación de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//34 Apunte sobre o que indica Victoriano García Martí acerca dunhas testemuñas ao seu favor no proceso
VGM/Caixa636-07//35 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol sobre o que indica Victoriano García Martí acerca da súa testemuña ao seu favor no proceso
VGM/Caixa636-07//36 Tarxeta postal de Juan Pujol a Marcial García Martí sobre cando e como dar testemuña a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//37 Carta de Salvador ? a Marcial García Martí con boas novas sobre a situación de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//38 Carta de L. Hoyos a Marcial García Martí sobre unha visita que fixo a Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//39 Carta de Aurelia [Medrano] a Marcial García Martí con novas de Victoriano García Martí tras recibir un envío para el
VGM/Caixa636-07//40 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol pedindo unha carta a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//41 Carta de Cristino Jalón a Marcial García Martí asegurando que falará a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//42 Carta de L. Hoyos a Marcial García Martí para decirlle que vaia a ver ao seu irmán Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//43 Carta de Victoriano García Martí a Marcial García Martí comentando a visita de Luis Hoyos e outras
VGM/Caixa636-07//44 Carta de Eugenio Montes a M. García Martí dando permiso para que Victoriano García Martí dea o seu nome no seu beneficio
VGM/Caixa636-07//45 Copia de dúas cartas destinadas a dar testemuñas a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//46 Carta de Victoriano García Martí a Aurelia [Medrano] cunha serie de indicacións para os seus irmáns Marcial e Mercedes
VGM/Caixa636-07//47 Carta de Aurelia Medrano a Marcial García Martí con indicacións de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//48 Escrito encabezado polo alcalde de Pobra do Caramiñal dando boas referencias de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//49 Carta de Aurelia [Medrano] a Marcial García Martí sobre avances no caso de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//50 Carta de Aurelia [Medrano] a Marcial García Martí con novas de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//51 Carta de Marcial García Martí a Juan Pujol para que os colegas xornalistas actúen en favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//52 Carta de Salvador [González del Valle] a Marcial García Martí lamentando non avanzar nin mellorar a situación de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//53 Carta de Marcial García Martí a Salvador González del Valle disculpandose pola actitude da súa irmá [Mercedes]
VGM/Caixa636-07//54 Almanaque do mes de outubro de 1938 e debuxo de gaiola de paxaros
VGM/Caixa636-07//55 Carta de Marcial García Martí a Aurelia Medrano avisando que envía agasallos para ela e para Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//56 Carta de Aurelia Medrano a Marcial García Martí agradecendo os agasallos e con novas de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//57 Carta de María Ruano ao Subsecretario do Ministerio de Industria e Comercio dando boas referencias de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//58 Transcrición da Lei 10/1939 sobre Depuración de Funcionarios públicos
VGM/Caixa636-07//59 Prego de cargos do expediente de revisión de sanción instado por Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//60 Solicitude de Victoriano García Martí para que se lle tome declaración verbal para a resolución do seu expediente de depuración
VGM/Caixa636-07//61 Carta de Eugenio López de Sa y Atocha a Victoriano García Martí confirmando a súa boa conducta no Ateneo de Madrid
VGM/Caixa636-07//62 Copia da Comunicación da Secretaría de Orde Pública do Governo Civil de Burgos a Victoriano García Martí sobre un salvoconducto solicitado
VGM/Caixa636-07//63 Alegacións de Victoriano García Martí ao seu expediente de depuración
VGM/Caixa636-07//64 Actuación del Sr. García Martí a partir del 18 de julio de 1936...
VGM/Caixa636-07//65 Borradores do prego de descargos que Victoriano García Martí remite para o seu expediente
VGM/Caixa636-07//66 Escrito dirixido ao Ministro de Industria e Comercio sobre tres testemuñas solventes a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//67 Alegacións de Victoriano García Martí para poder cobrar os atrasos do seu soldo habidos
VGM/Caixa636-07//68 Solicitude de Victoriano García Martí para incorporar documentos para a revisión do seu expediente de depuración
VGM/Caixa636-07//69 Tarxeta do penal de Burgos
VGM/Caixa636-07//70 Linaxe dos reis de España desde Pelayo ata Afonso XIII
VGM/Caixa636-07//71 Resgardos dos pagos de telegramas e xiros durante o tempo que Victoriano García Martí estivo preso en Burgos
VGM/Caixa636-07//72 Apunte co listado de persoas que teñen informado a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//73 Apuntes cos listados de direccións de persoas a quenes pediron informes a favor de Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//74 Baralla de cartas
VGM/Caixa636-07//75 Carta de Pío García López a María del Río Carreró e na que menciona a Victoriano García Martí
VGM/Caixa636-07//76 Carta de Fernando Bermejo García-Martí a Raimond Carrasco sobre a relación de Victoriano García Martí e Manuel Carrasco Formiguera